Sobre Lumieira
Lumieira é a palabra galega para a fiestra polo que entra a luz do ceo. Pareceume o nome axeitado para un proxecto de datos meteorolóxicos históricos: unha xanela aberta ao tempo que pasou.
Os datos proceden dos datos abertos de MeteoGalicia.
Os datos
Os datos proceden da API pública de MeteoGalicia, que publica as observacións mensais de toda a rede de estacións meteorolóxicas de Galicia. Para cada estación e cada mes recóllense ata trinta parámetros: temperaturas máxima, mínima e media; precipitación total; vento; humidade relativa; horas de sol; presión atmosférica; e outros.
A rede conta con máis de 150 estacións distribuídas por todo o territorio, con historiais que nalgunhas estacións se remontan a comezos dos anos 2000.
As gráficas
Cada estación ten a súa propia páxina con dúas vistas:
- Vista anual — representa un valor por ano: a media, o total ou o máximo de cada parámetro no conxunto dos meses do ano. Os anos con datos incompletos non se mostran nos parámetros de totais (precipitación, horas de sol…) para evitar cifras enganosamente baixas. O ano en curso non aparece nunca: os datos son parciais e non serían comparables co resto.
- Vista mensual — representa cada mes individualmente. Os espazos baleiros indican meses sen dato rexistrado. Os puntos con borde laranxa corresponden a observacións marcadas como sospeitosas polo sistema de validación de MeteoGalicia (código 2).
Na vista mensual pódese activar unha liña de referencia histórica que mostra a media da temperatura máxima de cada mes de calendario, calculada cos últimos sete anos completos anteriores. Serve de comparación visual para identificar anos especialmente cálidos ou fríos.
Proxecto
Lumieira é un proxecto persoal de Manel Villar (contacto@manel.pro). O código fonte está dispoñible publicamente en Codeberg baixo a licenza GNU GPL v3: podes usar, estudar, modificar e redistribuír o código sempre que manteñas a mesma licenza.
Contribucións
As contribucións son benvidas: melloras, correccións, novas funcionalidades ou calquera cousa que consideres útil. Podes abrir unha issue ou enviar un pull request directamente en Codeberg.
Os forks tamén son benvidos. Se fas un fork, prioriza mantelo público: este é un proxecto educativo pensado para persoas, non para IAs, e o valor está en que o código, as decisións e os erros sexan visibles e aprendibles por calquera.
Tecnoloxías
- Python 3 — pipeline de datos: descarga, procesamento e xeración do sitio. Usa a biblioteca estándar case exclusivamente; a única dependencia de execución é Jinja2 para os modelos HTML.
- SQLite — catálogo local de descargas para evitar chamadas repetidas á API.
- Chart.js 4 — gráficas interactivas no navegador.
- Leaflet — mapa interactivo das estacións, con tiles de CARTO e datos de OpenStreetMap.
- Codeberg Pages — aloxamento do sitio estático, sen servidores propios nin custos.
- NixOS + systemd — servidor VPS onde corre o pipeline nocturno de actualización de datos.
Privacidade
Este sitio non usa cookies, non rexistra visitas nin emprega ningunha forma de seguimento. É un sitio estático xerado automaticamente, aloxado en Codeberg Pages.
Actualización
Os datos actualízanse automaticamente cada noite. O pipeline descarga as observacións máis recentes, reconstrúe o sitio e publica a nova versión.
Atribución
Todos os datos meteorolóxicos son propiedade de MeteoGalicia — Meteogalicia é o servizo meteorolóxico da Xunta de Galicia. Os datos orixinais publícanse baixo os termos da súa política de datos abertos.
As tiles do mapa proceden de CARTO con datos de OpenStreetMap.